Por favor, use este identificador para citar o enlazar este ítem: http://hdl.handle.net/10609/151470
Título : En clave de muller
Autoría: Herrera Sánchez, Sonia  
López Fernández, Suso
González Rodríguez, Luísa
Resumen : Outra mirada na música, unha mirada máis igualitaria é o que buscamos co inicio deste proxecto que leva por nome En clave de muller. En clave de muller nace da man da Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) e do Centro de Información ás Mulleres (CIM) do Concello de Ribadeo para darlles voz ás mulleres músicas. Queremos incitar á reflexión, ao debate, á investigación e á posta en práctica de iniciativas coeducativas. En clave de muller é un proxecto que leva desenvolvéndose nos últimos meses, culminando coa realización dun concerto didáctico con pezas de músicas como protagonistas. As formacións intrumentais e de danza da EMMeD de Ribadeo son as encargadas da parte artística. Como material complementario do concerto editouse unha guía. Esta guía está dirixida ao alumnado de primaria para traballar tanto nas aulas dos centros de ensino como nas das escolas de música. A guía componse de varios apartados. Unha introdución na que se poñen de manifesto as causas da invisibilidade das mulleres na música, as fichas das autoras das obras que van ser interpretadas no concerto didáctico e un repaso a modo de resumo polas diferentes etapas da historia da música, exemplificando con algún nomes femininos; prestando especial atención ás músicas galegas. No cuarto apartado, hai unha serie de exercicios para traballar co alumnado. E por último, inclúese unha breve reseña de recursos onde se poden encontrar cousas relacionadas co tema, un glosario de termos básicos dirixido ao persoal docente e educadores/as e a bibliografía utilizada. Que comecemos a ver e a valorar os sons delas é necesario para acadar a ansiada igualdade entre mulleres e homes. Que os sons sexan de todas e de todos.
Tipo de documento: info:eu-repo/semantics/lecture
Fecha de publicación : 2011
Licencia de publicación: http://creativecommons.org/licenses/by-nc-nd/3.0/es/  
Aparece en las colecciones: Articles

Ficheros en este ítem:
Fichero Descripción Tamaño Formato  
enclavedemuller.pdf1,42 MBAdobe PDFVista previa
Visualizar/Abrir
Comparte:
Exporta:
Consulta las estadísticas

Los ítems del Repositorio están protegidos por copyright, con todos los derechos reservados, a menos que se indique lo contrario.